Blogia
jazzclub

Viveiro: Jazz en inverno. IMPROVÍA en concerto

REDESONS Jazz. IGAEM. Concello de Viveiro. Teatro Pastor Díaz. 9-12-06. 21:00

Javier Constenla "IMPROVÍA" É ante todo un proxecto persoal. Composicións propias desenvolvidas coa linguaxe da improvisación (JAZZ) levadas a situación de trío polo reto técnico e de interacción que elo conleva. Si a isto lle engadimos 3 personalidades repletas de enerxia e paixón, o “cocktail” é explosivo.O repertorio está composto por composicións escritas por Javier Constenla lider do grupo, entre as que figuran estilos como a balada, o funk ou simplemente temas inspirados no que un leva dentro musicalmente dende sempre como o arranxo dunha pandeirada, tamben versións moi selectivas e orixinais de temas xa coñecidos. Unha das metas deste creador é conectar co  público, considerando  esencial esta comunicación e para elo interesase por repertorios dinámicos, variados.  Javier Constenla......piano e teclados. Quique Alvarado.......baixo  eléctrico. Miguel Cabana..........bateria e percusión.

http://www.escolaatempo.com

0 comentarios