Grao Superio de Jazz no Conservatorio Superio de Música de A Coruña. Curso 06-07
Nos primeiros días de setembro estará toda a información relativa a implantación da especialidade de Jazz no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. 31 prazas convocadas para alumnos e 7 prazas para profesores.
Musicoloxía
A especialidade de Musicoloxía pode desenvolverse tanto nun conservatorio superior como nunha universidade, pero ata o de agora nunca se implantara en Galicia. A única posibilidade de cursar ensinanzas vinculadas a esta área era na sección da Historia da Arte da Licenciatura en Xeografía e Historia. Tampouco en España existe unha gran oferta formativa neste campo. Os alumnos galegos debían trasladarse a Oviedo, Valladolid ou Salamanca, onde se atopan as universidades máis próximas a Galicia que ofertan esta especialidade. Para o desenvolvemento desta especialidade aproveitaranse as aulas de Historia da Música e Etnomusicoloxía do Conservatorio Superior de Vigo, dotadas de todos os materiais necesarios para este tipo de clases, como canón de vídeo, equipo de son, piano, etc. En canto ao profesorado, o conservatorio dispón de catro profesores especialistas. A Musicoloxía estuda as fontes musicais, tanto a nivel histórico como sistemático, e comprende ramas como a Arqueoloxía, a Documentación ou a Etnomusicoloxía . Ten unha gran importancia para a conservación e catalogación do patrimonio musical e o estudo das distintas manifestacións musicais ao longo da historia e nas distintas culturas.
Acceso a ambas especialidades
Para o acceso ás especialidades de Jazz e Musicoloxía é necesario estar en posesión do título de Bacharelato, do título profesional de Música, e superar unha proba específica. Non obstante, os aspirantes poderán tamén acceder sen cumprir os requisitos académicos, sempre que superen unha proba de nivel na que demostren posuír os coñecementos previos para o acceso a estas ensinanzas.Todos aqueles alumnos que estean interesados en acceder a ambas as especialidades poderán obter máis información nos conservatorios correspondentes a partir dos primeiros días de setembro.Data: 10:30 - 26/08/2006
Novas da Xunta de Galicia
Está vostede en Inicio » Novas da Xunta de GaliciaEducación implanta a especialidade de jazz no Conservatorio Superior de A Coruña e a de Musicoloxía no de Vigo
Estas modalidades impártense por primeira vez na ComunidadeA Administración educativa busca dar resposta á elevada demanda profesional destas especialidades e evitar que os alumnos teñan que desprazarse a outras Comunidades ou países Santiago, 26 de agosto de 2006.- A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria amplía a oferta formativa dos conservatorios superiores de A Coruña e Vigo coa implantación das especialidades superiores de Jazz e Musicoloxía, respectivamente. A Administración educativa pretende deste xeito ofrecer aos alumnos unhas ensinanzas ata o de agora inexistentes na Comunidade, co fin de cubrir a demanda existente e evitar que os alumnos teñan que desprazarse a outras Autonomías para completar a súa formación.O Conservatorio Superior de A Coruña albergará no próximo curso 2006-2007 a especialidade de Jazz, unha ensinanza regulada por Decreto no ano 2001, pero que ata o de agora non se implantara en Galicia. A Consellería tivo en conta á hora de decidir a implantación desta especialidade a importancia do Jazz en Galicia, que conta cun número de músicos profesionais importante, cuxo recoñecemento en España e no estranxeiro está a medrar nos últimos anos. Na actualidade, o alumnado galego vese forzado a estudar no estranxeiro ou en escolas do Estado como a ESMUC de Cataluña ou o MUSIKENE en Euskadi.A especialidade de Jazz contará con 31 prazas, que se corresponden co número de músicos necesarios para a formación dunha orquestra Jazz (a Big-Band). En canto aos profesores, a Consellería procederá á contratación de especialistas, seleccionados conforme a unha convocatoria pública de mérito e capacidade. Teranse en conta non só a súa formación previa e experiencia docente, senón tamén a súa traxectoria profesional. A Administración educativa estima contratar a 7 profesores especialistas de Saxofón, Trompeta, Trombón, Batería, Piano, Contrabaixo e Guitarra.O Conservatorio Superior de A Coruña conta cunha tradición importante no ámbito do Jazz, aínda que ata o de agora só como actividade extraescolar. No ano 1992 creouse a Big-Band, formada por alumnos, profesores e colaboradores. A orquestra compartiu cartel con músicos da talla de Baldo Martínez Grupo, Paul Bley Trío, Richard Galliano, Dianne Reeves ou George Coleman. O seu fundador e director é José Evangelista Ventura.Musicoloxía
A especialidade de Musicoloxía pode desenvolverse tanto nun conservatorio superior como nunha universidade, pero ata o de agora nunca se implantara en Galicia. A única posibilidade de cursar ensinanzas vinculadas a esta área era na sección da Historia da Arte da Licenciatura en Xeografía e Historia. Tampouco en España existe unha gran oferta formativa neste campo. Os alumnos galegos debían trasladarse a Oviedo, Valladolid ou Salamanca, onde se atopan as universidades máis próximas a Galicia que ofertan esta especialidade. Para o desenvolvemento desta especialidade aproveitaranse as aulas de Historia da Música e Etnomusicoloxía do Conservatorio Superior de Vigo, dotadas de todos os materiais necesarios para este tipo de clases, como canón de vídeo, equipo de son, piano, etc. En canto ao profesorado, o conservatorio dispón de catro profesores especialistas. A Musicoloxía estuda as fontes musicais, tanto a nivel histórico como sistemático, e comprende ramas como a Arqueoloxía, a Documentación ou a Etnomusicoloxía . Ten unha gran importancia para a conservación e catalogación do patrimonio musical e o estudo das distintas manifestacións musicais ao longo da historia e nas distintas culturas.
Acceso a ambas especialidades
Para o acceso ás especialidades de Jazz e Musicoloxía é necesario estar en posesión do título de Bacharelato, do título profesional de Música, e superar unha proba específica. Non obstante, os aspirantes poderán tamén acceder sen cumprir os requisitos académicos, sempre que superen unha proba de nivel na que demostren posuír os coñecementos previos para o acceso a estas ensinanzas.Todos aqueles alumnos que estean interesados en acceder a ambas as especialidades poderán obter máis información nos conservatorios correspondentes a partir dos primeiros días de setembro.Data: 10:30 - 26/08/2006
O Conservatorio Superior de A Coruña ofrecerá a especialidade de Jazz e o de Vigo a de Musicoloxía
ABC. SANTIAGO. Educación busca ofrecer aos alumnos unhas ensinanzas ata o de agora inexistentes na Comunidade, co fin de cubrir a demanda e de evitar que os interesados teñan que desprazarse para completar a súa formación. O Conservatorio Superior de A Coruña albergará no próximo curso 2006-2007 a especialidade de Jazz, unha ensinanza regulada por Decreto no ano 2001, pero que ata o de agora non se implantara en Galicia. A consellería tivo en conta á hora de decidir a implantación desta especialidade a súa importancia en Galicia, que conta cun gran número de músicos profesionais, cun recoñecemento que en España e no estranxeiro está a medrar.Na actualidade, o alumnado galego vese forzado a estudar no estranxeiro ou en escolas do Estado como a Esmuc de Cataluña ou o Musikene en Euskadi. A especialidade de Jazz contará con 31 prazas, o número de músicos necesarios para a formación dunha orquestra jazz. En canto aos profesores, a consellería procederá á contratación de especialistas, seleccionados conforme a unha convocatoria pública de mérito e capacidade.Teráse en conta non só a súa formación previa e experiencia docente, senón tamén a súa traxectoria profesional. A Administración educativa estima contratar a 7 profesores especialistas de Saxofón, Trompeta, Trombón, Batería, Piano, Contrabaixo e Guitarra. O Conservatorio Superior de A Coruña conta cunha tradición no ámbito do Jazz, aínda que ata o de agora só como actividade extraescolar.No ano 1992 creouse a Big-Band, formada por alumnos, profesores e colaboradores. A orquestra compartiu cartel con músicos da talla de Baldo Martínez Grupo, Paul Bley Trío, Richard Galliano, Dianne Reeves ou George Coleman. O seu fundador e director é José Evangelista Ventura.A especialidade de Musicoloxía pode desenvolverse tanto nun conservatorio superior como nunha universidade, pero ata o de agora nunca se implantara en Galicia. A única posibilidade de cursar ensinanzas vinculadas a esta área era na sección da Historia da Arte da Licenciatura en Xeografía e Historia. Tampouco en España existe unha gran oferta formativa neste campo. Os alumnos galegos debían trasladarse a Oviedo, Valladolid ou Salamanca, onde se atopan as universidades máis próximas a Galicia que ofertan esta especialidade.Para o desenvolvemento desta especialidade aproveitaránse as aulas de Historia da Música e Etnomusicoloxía do Conservatorio Superior de Vigo, dotadas de todos os materiais necesarios para este tipo de clases, como canón de vídeo, equipo de son, piano, etc. En canto ao profesorado, o conservatorio dispón de catro profesores especialistas. A Musicoloxía estuda as fontes musicais, tanto a nivel histórico como sistemático, e comprende ramas como a Arqueoloxía, a Documentación ou a Etnomusicoloxía . Ten un gran papel na conservación e catalogación do patrimonio musical e no estudo das distintas manifestacións musicais ao longo da historia e nas distintas culturas.Os requisitosPara o acceso ás especialidades de Jazz e Musicoloxía é necesario estar en posesión do título de Bacharelato, do título profesional de Música, e superar unha proba específica. Nembargantes, os aspirantes poderán tamén acceder sen cumprir os requisitos académicos, sempre que superen unha proba de nivel na que demostren posuír os coñecementos previos para o acceso a estas ensinanzas. Todos aqueles alumnos que estean interesados en acceder a ambas as especialidades poderán obter máis información nos conservatorios correspondentes a partir dos primeiros días de setembro.
0 comentarios